Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Ribeira renovará o parque Horta do Cura en Palmeira


O Concello de Ribeira adxudicou o proxecto de renovación do parque infantil da Horta do Cura e mellora da accesibilidade e pavimentación do entorno en Palmeira, con un importe de 128,322,11 euros e un prazo de execución de 4 meses.

A actuación proxecta a renovación do parque infantil, ampliando a súa superficie e instalando novos xogos, así como un novo chan de caucho. Tamén se mellorará a accesibilidade peonil no entorno da fonte e o camiño do parque. Renovarase ademais tanto a liña de alumeado público como os elementos existentes, instalando novas balizas, luminarias e proxectores.
“Dende o Concello seguimos a traballar para mellorar os parques en tódalas parroquias e crear espazos de xogo seguros” explica o alcalde Luís Pérez. “A mellora da accesibilidade e infraestructura fomenta a interacción social e o benestar de toda a veciñanza”.